O Concello

Departamentos

* ANUNCIO URXENTE SOBRE A PRE-SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR DO OBRADOIRO DE EMPREGO “TERRA DE SONEIRA 2013-2014”. 18/09/2013

ANUNCIO URXENTE SOBRE A PRE-SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR DO OBRADOIRO DE EMPREGO “TERRA DE SONEIRA 2013-2014”.

Hoxe, 18 de setembro de 2013, a Oficina de Emprego de Cee publicou as bases e o baremo provisionais para a pre-selección do alumnado traballador e persoal do obradoiro de emprego “Terra de Soneira 2013-2014” e o listado provisional dos pre-candidatos dos tres concellos.  

As persoas pre-seleccionadas terán que presentar a documentación canto antes e as entrevistas comezan o venres.  

Dada a extrema urxencia desta pre-selección os tres concellos comezarán a avisar aos alumnos preseleccionados para que vaian polos seus respectivos concellos, no caso de Camariñas na Casa de Pedra, a recoller a cita e entregar a documentación necesaria entre hoxe día 18 e mañá día 19 de 8:00 a 15:00.  

Nesta nota poderás descargar as bases provisionais e a documentación que terás que presentar.  

A Xunta de Galicia tamén avisa que aquelas persoas que xa participaron nun obradoiro de emprego ou escola obradoiro non poderán participar noutro.  

As persoas pre-seleccionadas a alumnos terán que elixir entre a especialidade de Confección e publicación de páxinas web e Interpretación e educación ambiental. Só poderán solicitar unha das especialidades, non as dúas.

As entrevistas serán no Concello de Vimianzo o venres 20 e luns 23.  

Recordamos a todas as persoas pre-seleccionadas que veñan canto antes pola Casa de Pedra.

Descargas relacionadas


© by Abertal