A axencia de desenvolvemento local do concello de Camariñas ofrece servizos de orientación, asesoramento, acompañamento e apoio á aquelas persoas que desexen crear a súa propia empresa.
Nesta sección ofrecemos un conxunto de información e ferramentas que poden orientar e axudar na toma de decisión no proceso do emprendemento empresarial.
É importante ordenar e expoñer a idea empresarial inicial. Para realizar un achegamento sinxelo á súa concreción podemos empregar un documento no que se contempla os principais elementos a ter en conta na creación dunha empresa.
Poñeemos á túa disposición un modelo que ten como finalidade:
· Ordenar e clarificar os principais elementos dunha empresa.
· Orienta a busca de información necesaria para o proxecto empresarial .
· Realizar unha primeira diagnose da idea.
· Servir de carta de presentación cara á busca de financiamento, socios/as ou para contactos coas entidades e organismos que se necesiten.
Descargar Modelo de Memoria Básica para a Presentación idea empresarial
Máis información:
A idea de negocio e a persoa emprendedora
Banco de ideas emprendedoras
É unha ferramenta básica de planificación, seguimento e avaliación do negocio. Este documento identifica, describe e analiza o negocio e tamén avalía a viabilidade técnica, económica e financeira do negocio.
Recursos para elaborar o Plan de Empresa:
BIC Galicia
Guía para Plan de Empresa
Modelo Plan de Empresa
Modelos de Plan de Empresa para personalizar
Modelos Plan de negocios
A decisión de constituír unha empresa cunha das formas xurídicas dispoñible no ordenamento xurídico é unha das decisión que preocupan ás persoas emprendedoras: empresa individual, sociedade, cooperativas …
A continuación ofrecemos información e cadros comparativos de utilidade para esta toma de decisión:
Formas xurídicas da empresa
Cadro comparativo de formas xurídicas
Cooperativas
Cooperativas de traballo asociado
Para crear unha empresa tense que realizar unha serie de trámites nas diferentes administracións e entidades . A continuación presentamos algunhas das principais tarefas a realizar nestas administracións. Na actualidade moitas destas tarefas poden realizarse por internet.
Solicitude de licenza de apertura de local en Camariñas (documento dispoñible nas zona de descargas )
Trámites de constitución
Trámites para a constitución de empresas
Cadro de lugares e trámites
Servizos administrativos do estado
Obrigas fiscais
Obrigas contables
Obrigas laborais
Axencia Tributaria
Un aspecto importante cara a enfrontar o reto da creación dunha iniciativa empresarial é a formación da persoa emprendedora. O maior coñecemento e preparación para afrontar os retos como empresario/a mellora as posibilidades de éxito da iniciativa empresarial. A oferta formativa das diferentes administracións e entidades é cada vez maior e incorporan a formación por internet e a distancia que facilita o acceso a estes recursos das zonas rurais.
Formación para emprendedores en Camariñas
Formación en Galicia
Formación cooperativa