O Concello

Departamentos

* Centro de Iniciativas

DATOS DE CONTACTO

Rúa Río do Prado, s / n
15123 Camariñas
A Coruña.
Teléfono-Fax:981 73 65 06
Horario de atención ao público: 8:30 – 14:30 h
E-mail: departamento.informatico@camarinas.net

Centro de Iniciativas de Camariñas

O Centro de Iniciativas é un espazo que o concello pon a disposición do empresariado, institución e entidades co fin de que teñan un lugar axeitado para a realización de conferencias, reunións, cursos e outras actividades; sendo o aspecto formativo e divulgativo o principal obxectivo do centro.

Ten diferentes aulas onde se veñen realizando actividades moi variadas, tales como cursos de Informática (propios e externos), cursos da Confraría de Pescadores, reunións profesionais e actos de grande repercusión coma a sinaturas de convenios entre administracións.

O centro está situado no casco urbano de Camariñas, a carón do Centro de Saúde.


© by Abertal