O Concello

Departamentos

*Artesanía :: Presentación


A Xunta de Galicia recoñece ata o momento tres procedementos que afectan ao sector artesán:

1.- CARTA ARTESÁ

Carta de artesán

Se a actividade artesá está recoñecida e cumpre os requisitos que a lexislación da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia require, pódese solicitar a carta artesá, documento que acredita oficialmente a condición de artesán ou artesá.

REQUISITOS:
Ter superado cursos de formación dunha duración mínima de 500 horas en centros de ensino que impartan formación artesá, ou ter traballado nun taller artesán baixo a dirección dun mestre artesán, cunha asistencia mínima de 500 horas.



Para a carta artesá de palilleira acéptase unha certificación municipal na que conste dende que data a artesá realiza labores de palilleira no municipio.

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE
· Solicitude normalizada.
· Fotocopia compulsada de DNI/NIF.
· Acreditación de que se cumpren os requisisitos (pode solicitarse informe municipal).
· Para a obtención da carta de artesán: Memoria das actividades profesionais realizadas. A memoria deberá explicar tanto as materias primas que emprega coma a metodoloxía de fabricación das obras (ferramentas utilizadas e proceso de elaboración), todo acompañado de exemplos de tipo gráfico (debuxos ou fotografías).
· Certificación municipal na que conste a antigüidade na actividade do ou da artesá.

DOCUMENTACIÓN PARA A RENOVACIÓN: Será cada cinco anos
· Solicitude normalizada.
· Copia compulsada do DNI/NIF.
· Se se produce cambio de dirección: certificado de empadroamento.

** Máis información sobre normativa, modelos de solicitudes, actividades artesanais e outros documentos no apartado de descargas.

2.- OBRADOIRO ARTESÁN

Encaixe de bolillos

Para poder inscribirse como taller artesán débese cumprir os seguintes requisitos:
-Posuír a carta artesá.
-Alta no IAE do taller, na actividade que se solicita.

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE
· Solicitude normalizada.
· Acreditación de que o titular do taller é un artesán ou mestre artesán.
· Nome do titular do taller artesán e, de ser o caso, o nome comercial.
· Copia compulsada do NIF ou CIF.
· Fotocopia compulsada da alta no IAE, e de ser o caso do último recibo de IAE, ou certificado do organismo competente que acredite que se encontra dado alta e estar ao díaen o pagamento do citado imposto.
· Relación por categorías dos traballadores do taller.
· Las entidades cooperativas ou asociativas reguladas na lei de Artesanía de Galicia, que comercialicen a produción dos seus socios ou asociados entregarán ademais a certificación ou documento acreditativo da súa constitución legal, estatutos e relación dos socios.

DOCUMENTACIÓN PARA A RENOVACIÓN: Será cada cinco anos
· Solicitude normalizada.
· Fotocopia compulsada do NIF ou CIF.
· Fotocopia compulsado da alta no IAE, e de ser o caso o último recibo do IAE, ou certificado do organismo competente que acredite que se encontra dado de alta e ao día no pagamento dese imposto.

** Máis información sobre normativa, modelos de solicitudes, actividades artesanais e outros documentos no apartado de descargas.

3.- MARCA ARTESANÍA DE GALICIA

Logotipo Artesania Galicia

É unha autorización que concede a Xunta de Galicia para poñer esta marca nas bolsas ou material promocional dos talleres artesáns e/ou comercios de artesanía que comercialicen, neste ultimo caso, pezas de cinco talleres artesáns, como mínimo.

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE
· Solicitude normalizada na que conste o tipo de material ou o modelo no que se pretende utilizar o distintivo e, para etiquetas, o número de exemplares que se solicitan.
· Se o solicitante é un taller artesán deberá indicar o número de inscricións no Rexistro Xeral de Artesanía.
· Se o solicitante é un establecemento de venda de artesanía deberá acompañar a declaración de, polo menos, cinco talleres inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía.

** Máis información sobre normativa, modelos de solicitudes, actividades artesanais e outros documentos no apartado de descargas.

Ligazóns relacionadas

© by Abertal