CAMARIÑAS EXPLORA 30/03/2021
CAMARIÑAS EXPLORA
En el corazón de A Costa da Morte se encuentra uno de los lugares más privilegiados de la costa gallega donde disfrutar de actividades vinculadas al turismo deportivo como el senderismo, el ciclismo, la vela, el Surf o la escalada, entre otros. En una clara apuesta por posicionarse como un destino seguro y activo, el ayuntamiento de Camariñas ha iniciado los trabajos de un nuevo proyecto de dinamización turística denominado "Camariñas explora”; que propone una forma segura de descubrir este territorio practicando deporte con el apoyo del uso de nuevas tecnologías. Bajo este nombre, el ayuntamiento de Camariñas ha iniciado los primeros trabajos de un proyecto que pretende dar a conocer buena parte de su territorio proponiendo un mapa público de actividades deportiva. Se han diseñado varios recorridos por los técnicos deportivos municipales así como incorporado algunos senderos existentes. Un total de 20 rutas se han incorporado, sumando aproximadamente 220 kilómetros y que están dirigidas a diferentes tipos de usuarios y aficionados de modalidades como el senderismo, el running o el ciclismo. Todas las rutas podrán seguirse mediante el uso de un smartphone, para ello, el ayuntamiento ha habilitado un perfil premian en la APP Wikiloc, que utilizan casi 8 millones de usuarios que comparten al más de 22,8 millones de rutas. En este caso, el perfil creado permite a cualquier usuario que descargue la aplicación en su móvil, acceder a cualquier de las rutas y seguirla de forma totalmente gratuita. Además, antes de iniciar el recorrido se podrá leer una pequeña descripción del recorrido así como comprobar los datos técnicos del mismo como longitud o analizar el perfil altimétrico. Todas las rutas incluirán unas recomendaciones para disfrutar de cada actividad.
Esta nueva iniciativa permitirá fomentar la práctica deportiva a la población local así como proponer planes de turismo deportivo para cualquier visitante que se acerque a conocer Camariñas. En los próximos días, las rutas estarán disponibles en el siguiente enlace:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=8513794
Además, el trabajo se completará con el diseño de un folleto y de una pegatina que se distribuirá en diferentes localizaciones que incluirá un código QR para poder acceder a la aplicación. Además cada ruta contará con una ficha técnica descargable que incluirá la información necesaria para planificar la actividad seleccionada.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
No corazón da Costa da Morte atópase un dos lugares más privilexiados da costa galega onde disfrutar de actividades vinculadas ao turismo deportivo como o sendeirismo, o ciclismo, a vela, o surf ou a escalada, entre outros. Nunha clara aposta por adquirir unha posición como un destino seguro e activo, o concello de Camariñas ten iniciado os traballos dun novo proxecto de dinamización turística denominado "Camariñas explora”; o cal propón unha forma segura de descubrir este territorio practicando deporte co apoio do uso de novas tecnoloxías. Baixo este nome, o concello de Camariñas inicia os primeiros traballos dun proxecto que pretende dar a coñecer boa parte do seu territorio propoñendo un mapa público de actividades deportivas. Os técnicos deportivos municipais deseñaron varios percorridos e ademais incorporáronse algúns sendeiros existentes. Un total de 20 rutas, sumando aproximadamente 220 quilómetros e que están dirixidas a diferentes tipos de usuarios e afeccionados de modalidades como o sendeirismo, o running ou o ciclismo. Todas as rutas poderán seguirse mediante o uso dun smartphone, para elo, o concello ten habilitado un perfil premian na APP Wikiloc, que utilizan case 8 millóns de usuarios que comparten máis de 22,8 millóns de rutas. Neste caso, o perfil creado permite a calquera usuario que descargue a aplicación no seu móbil, acceder a calquera das rutas e seguila de xeito totalmente gratuíta. Ademais, antes de iniciar o percorrido poderase ler unha pequena descrición do recorrido así como comprobar os datos técnicos do mesmo como lonxitude ou analizar o perfil altimétrico. Todas as rutas incluirán unhas recomendacións para desfrutar de cada actividade.
Esta nova iniciativa permitirá fomentar a práctica deportiva á poboación local así como propoñer plans de turismo deportivo para calquera visitante que se acerque a coñecer Camariñas. Nos próximos días, as rutas estarán dispoñibles no seguinte enlace:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=8513794
Ademais, o traballo complementarase co deseño dun folleto e dunha pegatina que se distribuirá en diferentes localizacións que incluirá un código QR para poder acceder á aplicación. Ademais cada ruta contará cunha ficha técnica descargable que incluirá a información necesaria para planificar a actividade seleccionada.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Decargar fichas completas alta calidad (67Mb) : CAMARIÑAS ALTA CALIDAD
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Camariñas impulsa o proxecto “Explora 10” para a potenciación do turismo deportivo na Costa da Morte
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
- Os concellos implicados neste programa son Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
- Os obxectivos son, en diferentes fases, crear unha rede de sendeiros en cada municipio, elaborar un gran sendeiro BTT da Costa da Morte, poñer en valor a escalada, retomar o circuíto de carreiras populares e promocionar as opcións acuáticas.
- O concelleiro de Deportes de Camariñas, Fabián Canosa, fai fincapé na “unión dos concellos para unha maior potenciación turística e deportiva”.
- A directora xeral de Agader, Inés Santé, comprometeu o respaldo económico.
O Concello de Camariñas impulsa o proxecto ‘Explora 10’, unha iniciativa na que se implicaron outros 9 municipios da comarca e que ten a misión de estruturar, organizar e potenciar o turismo deportivo na Costa da Morte a través de actividades que xa se están a desenvolver.
O recentemente presentando ‘Camariñas Explora’ foi a semente desta iniciativa maior que “fai especial fincapé na unión dos 10 concellos para unha maior potenciación turística e deportiva da nosa bisbarra, imitando a outros proxectos en común nos que os éxitos son palpables como é o caso do programa de carreiras ‘Correndo pola Costa da Morte’, explica o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa.
Logrouse involucrar nesta acción conxunta aos concellos de Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Ademais, a directora xeral de Agader, Inés Santé, comprometeu nunha mesa de traballo celebrada no salón de plenos da casa consistorial de Camariñas “o respaldo económico do Agader para esta iniciativa, que aproveita os recursos do territorio para a súa dinamización”
Explora 10 Está previsto que o proxecto ‘Explora 10’ se desenvolva en diferentes fases, con obxectivos a curto e a medio ou longo prazo. Para este ano 2021 preténdese o seguinte:
- A creación dunha rede de sendeiros xa existentes ou de nova creación en cada un dos 10 concellos, buscando unha promoción do territorio uniforme e de conxunto.
- O deseño dun gran sendeiro para bicicletas BTT da Costa da Morte, cunha conexión entre os 10 concellos implicados utilizando como base os programas elaborados xa por cada municipio.
- A posta en valor da escalada, que na actualidade conta con zonas de prácticas xa fixadas en cada un dos concellos
Xa a medio e longo prazo, poñendo a mirada nos anos 2022 e 2023 a intención é:
- Elaborar un circuíto de carreiras populares para promover a práctica da actividade físico-deportiva entre toda a poboación e promocionar turística e economicamente a Costa da Morte.
- Dar visibilidade e promocionar as actividades acuáticas que xa se están a desenvolver nos ríos e no mar dos 10 municipios como vela lixeira, piragüismo, surf, kaiaks, travesías a nado ou paddle surf.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
O Concello presenta o proxecto “Camariñas Explora”, con 20 rutas sinalizadas para gozar do turismo deportivo
- Habilitouse un perfil gratuíto na aplicación Wikiloc no que se incorporaron estas rutas, que suman ao redor de 2020 quilómetros e están dirixidas a diferentes tipos de usuarios, niveis e modalidades.
- Tamén se deseñou un folleto e un adhesivo que incluirá un código QR para poder acceder á aplicación.
- Sandra Insua incidiu en que “o turismo deportivo está a gañar cada vez máis adeptos” e “en Camariñas temos todos os ingredientes necesarios para crear unha experiencia turística e deportiva completa”.
- A directora xeral de Agader, Inés Santé, afirmou que “o medio rural é a pedra angular desta iniciativa” e comprometeu o respaldo económico para o proxecto ‘Explora 10’.
O Concello de Camariñas presentou hoxe na aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe o proxecto ‘Camariñas explora’, unha iniciativa de dinamización turística vinculada ao deporte a través da que se propoñen 20 rutas sinalizadas co obxectivo de dar a coñecer boa parte do territorio e situarse como destino seguro.
No acto estiveron presentes a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua; o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa; a directora de Agader, Inés Santé; a presidenta do CMAT, Mónica Rodríguez; e a presidenta da Asociación de Empresarios de Camariñas, Olga Campos.
A rexedora incidiu en que “na época que estamos a vivir o turismo deportivo está a gañar cada vez máis adeptos” e “en Camariñas penso que temos todos os ingredientes necesarios para crear unha experiencia turística e deportiva completa”. “Facer unha ruta de sendeirismo polo litoral, coa fermosa vista do Faro Vilán guiando o camiño e o bater da olas inundando os nosos oídos é algo que non todos poden ofrecer”, agregou.
Pola súa parte, Inés Santé, afirmou que “o medio rural é a pedra angular desta iniciativa” e subliñou que “o deporte e o turismo neste caso son a base sobre a que acadar o desenvolvemento rural”.
Ademais,
comprometeu o respaldo económico de Agader ao proxecto ‘Explora 10’ no que está a traballar o Concello de Camariñas para a potenciación das diferentes actividades físico-deportivas ao aire libre que se están a desenvolver na Costa da Morte e que incorporará tamén aos concellos de Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.
Fabián Canosa explicou que “pretendemos poñer en valor a actividade física e deportiva, o desfrute e coidado do medio natural e do mesmo xeito dar unha opción máis de turismo no Concello de Camariñas” e enumerou as diferentes “rutas de sendeirismo, bicicleta e carreira pola contorna natural que nos proporcionan as parroquias de Camelle, Arou, Ponte do Porto, Xaviña e Camariñas.
Camariñas Explora Os técnicos deportivos municipais deseñaron varios percorridos novos e incorporaron algúns sendeiros existentes, chegando finalmente ás 20 rutas que suman en total 220 quilómetros e que están dirixidas a diferentes tipos de usuarios e afeccionados de modalidades como o sendeirismo, o running ou o ciclismo.
Todas as rutas poderán seguirse no móbil. Para iso, habilitouse un perfil na aplicación Wikiloc, que utilizan case 8 millóns de usuarios e na que comparten máis de 22,8 millóns de rutas. A través do perfil ‘Camariñas explora’, calquera usuario accederá ás rutas e poderá seguilas de xeito totalmente gratuíto. Ademais, antes de iniciar o percorrido poderá ler unha pequena descrición do recorrido así como comprobar os datos técnicos do mesmo como a lonxitude ou o perfil altimétrico. Todas as rutas inclúen unhas recomendacións para desfrutar de cada actividade. AS rutas están dispoñibles no seguinte enlace:
https://es.wikiloc.com/wikiloc/user.do?id=8513794 O traballo complementouse co deseño dun folleto e dun adhesivo que se distribuirá en diferentes localizacións r que incluirá un código QR para poder acceder á aplicación. Ademais, cada ruta conta cunha ficha técnica que incluirá a información necesaria para planificar a actividade seleccionada.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Descargas relacionadas