Realizouse unha primeira toma de contacto cunha campaña informativa para a cidadanía camariñá sobre o que é a violencia de xénero e onde podes asesorarte.
Realizouse un obradoiro dirixido a profesionais implicados no tratamento da violencia de xénero do noso ámbito territorial, co obxectivo de intercambiar experiencias e intentar acadar acordos de coordinación.
Ferramenta de traballo para profesionais que están en contacto coa situacións de violencia de xénero, pois establece nun só documento unha pequena análise da situación da nosa zona, unha recompilación de axudas, servizos e recursos e a normativa máis salientable do tema
Pretendeu mellorar as relacións entre as parellas e prever as situacións que poidan desembocar na violencia de xénero. Así como sensibilizar ao colectivo masculino da importancia da igualdade de oportunidades que é a base dunha sociedade mais xusta e tolerante.
Realizouse unha actividade de fomento da autonomía persoal dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero e as mulleres do noso concello en xeral.
Curso de formación de prevención e sensibilización dirixido a mocidade en relación coa violencia de xénero e coa importancia de educación en igualdade.
A actividade pretendeu sensibilizar o público en xeral e o colectivo masculino en especial en contra da violencia de xénero e premiar a creatividade dos fotógrafos, difundindo os traballos realizados e realizando unha exposición física.
Pretendeuse mostrar unha realidade onde as vítimas non son persoas alleas ou esporádicas, senón que persisten e fanse visibles nos lugares que cruzamos para salvagardarnos, que emerxen (fermentan), anónimas, sen nome, tapadas, e que o noso silencio non sexa cómplice da súa traxedia.
Representación teatral que visualiza unha situación de malos tratos.
Realizáronse os calendarios coas fotografías resultantes do I Maratón fotográfico “Implícate” coa Violencia de xénero.