O Concello

Departamentos

* Presentación


Programa para a eliminación da violencia de xénero “Hai outro lado”

Cartel Programa “Hai outro lado”

· Descrición do programa
Programa que aposta por un traballo intensivo de sensibilización, concienciación e visibilización da sociedade acerca da necesidade de eliminar unha lacra social que persiste nos nosos días.
Así como por en funcionamento un programa piloto para a atención as vítimas de violencia de xénero que posibilitara unha atención integral para a recuperación da súa identidade, autonomía e a restauración dos seus proxectos vitais.

· Obxectivos
- Sensibilizar e formar para a igualdade efectiva entre homes e mulleres.
- Concienciar a tódolos colectivos da importancia da eliminación da violencia de xénero.
- Analizar e reflexionar sobre a problemática social da violencia de xénero.
- Fomentar a recuperación da autonomía, a identidade e a seguridade en si mesmas das mulleres vítima de violencia de xénero.
- Promover a información dos dereitos, servizos e recursos das mulleres vítimas da violencia de xénero e das mulleres en xeral.
- Achegar a canta mais xente mellor o traballo que se está a facer no loita contra a violencia de xénero.
- Promover a concienciación do colectivo masculino en contra da violencia de xénero.
- Analizar e reflexionar sobre a problemática social da violencia de xénero.
- Promover axeitadas relacións interpersoais no ámbito comunitario, diminuíndo o índice de conflitividade social.
- Potenciar o pensamento crítico na comunidade, especialmente nos mozos/as, co fin de que participen na mesma como cidadás activos.

- Datas de realización
Dende o seu comezo no 2005 tódolos anos se está a traballar nesta temática.

- Servizo responsable

Área de Igualdade

- Servizo colaborador
Axencia de desenvolvemento local

- Entidade cofinanciadora
Deputación da Coruña
Xunta de Galicia

- Entidades colaboradoras
AHIGE, Asoc. de homes pola igualdade de Málaga.
Obradoiro de emprego “Aldea Madeira”
Xeneme, Intervención social.


© by Abertal