O Concello

Departamentos

* Actividades


Actividades Realizadas do Programa Mellora e Modernización do Mercado Municipal

Mellora mercado municipal [2010]

Mercado

Realizaranse obras de mellora e de modernización no edificio do mercado, incluíndo as suxestións realizadas polo colectivo de placeiras.





Mellora do contorno do mercado [2010]

Mellora do contorno do mercado

Desenvolveranse obras de mellora nas beirarrúas e firme das rúas do contorno do mercado onde se realiza os mércores a feira semanal con venda ambulante.






Programa de reciclaxe e compostaxe I [2009-2010]

Interior do Mercado

Desenvolverase accións de sensibilización, formación e promoción do reciclaxe e recollida selectiva. Ademais de desenvolver un programa de compostaxe no contorno do mercado. No 2009 iniciouse un programa de concienciación , formación e asesoramento na mellora da clasificación e recollida de lixo do mercado, promovendo actitudes máis positivas para desenvolver actuacións de compostaxe. Tamén se mellorou a recollida selectiva de lixo do mercado.

Formación e cualificación do colectivo [2009-2010]

Cartel Formación de Comerciantes do Programa Mellora e Modernización do Mercado Municipal

Impartiouse formación en traballo cooperativo e habilidades sociais así como formación básica en gestión comercial, así como en presentación do produto.

Intercambiouse experiencias con representates da asociación galega de mercados de abastos e venta ambulante.

Realizouse formación para o carnet de manipulador de alimentos e accións informativas sobre normas de seguridade e hixiene nos mercados de abastos.



Descargar Cartel Formación de Comerciantes >>


Proposta de ordenanza e melloras nos postos e instalacións [2009]

Proposta de ordenanza e melloras nos postos e instalacións

Realizouse a proposta dunha proposta de ordenanza para mercado municipal de acordo co grupo promotor e presentouse ao Concello esta proposta de ordenanza.

Elaborouse unha listaxe de mellora para mercado municipal polo grupo promotor: Programa de melloras dos postos e espazos do mercado que se incorporou ao proxecto de obra.


Creación grupo promotor e cohesión do grupo [2009]

Creación grupo promotor e cohesión do grupo

Realizouse un estudo- diagnose da situación do mercado municipal e os comerciantes que desenvolven a súa actividade neste recinto.

Desenvolvéronse accións de participación e formación en traballo cooperativo que logrou a cohesión dos e das vendedoras do mercado e a xeración.

Creouse un grupo promotor para mellora e xestión do mercado municipal composto por 10 mulleres comerciantes e foi elixido unha comisión de representantes do colectivo que mantiveron as primeiras xuntanzas co Concello.



Accións Previstas do Programa Mellora e Modernización do Mercado Municipal

Programa de reciclaxe e compostaxe II [2011]

Continuarase este programa e iniciarase actuacións para o compostaxe de residuos do mercado.

Formación e cualificación do colectivo II [2011-2012]

Desenvolveranse accións formativas relacionadas coas novas tecnoloxías, a xestión comercial así en técnicas de vendas, políticas de compra e marketing nos puntos de vendas. A demanda dos e das comerciantes desenvolveranse cursos de realización de conservas tradicionais, limpeza e fileteado e preparación de peixe e mariscos …

Creación de marca e imaxe corporativa [2011]

Deseño e proposta conxunta co grupo promotor de imaxe comercial do mercado. Elaboración de logotipo, bolsas comerciais e material de divulgación e merchandising.

Campañas promocionais e de fidelización [2011-2012]

Deseñarase e desenvolveranse actividades para promocionar o mercado e os productos frescos que se comercializan nel, con campañas de prublicidade, agasallos, sorteos e actividades de dinamización.

Creación de web [2012]

Deseñarase unha web de promoción e comercialización por internet dos comercios e produtos do mercado municipal


Descargas relacionadas

© by Abertal