O Concello

Departamentos

* Presentación


Mellora e Modernización do Mercado Municipal

Cartel Programa Mellora e Modernización do Mercado Municipal

· Descrición do programa:
Programa de actuacións co colectivo de placeiras e comercios, no equipamento e contorno do mercado municipal que pretende a dinamización e mellora competitiva do sector comercio retallista. As liñas de actuación que comprende este programa son:
- Liña 1: Mellora urbanística -comercial do mercado
- Liña 2: Organización interna dos e das comerciantes
- Liña 3: Mellora da formación e da competitividade
- Liña 4: Promoción e divulgación dos produtos e mercado.

·  Obxectivos:
-Mellorar, adecuar e modernizar o equipamento comercial: Mercado de Camariñas
-Promover a xestión cooperativa do mercado e a cooperación empresarial.
-Revitalizar o comercio tradicional e configurar un espazo de comercialización con sinais de identidade propia, atractivo e competitivo, con plena accesibilidade e sostible.
-Mellorar a formación empresarial, comercial e o acceso ás novas tecnoloxías da información e comunicación das empresas.
-Implantar plans de calidade e mellora da presentación do produto.
-Deseñar plans difusión e promoción do centro.
-Promover o emprego e o autoemprego das mulleres, especialmente da formulas cooperativas. Emerxendo actividades da economía somerxida


· Datas de realización:
2009- 2012

· Servizo responsable:
Axencia de desenvolvemento local de Camariñas

·  Entidade cofinanciadora:
Consellería de Economía e Industria.
Consellería de Traballo e Benestar.
Deputación da Coruña

· Entidades colaboradoras:
Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA)


© by Abertal