Dende maio de 2008 realizáronse diferentes reunións de traballo do grupo constituído por representantes de diferentes asociacións culturais do concello de Camariñas, a asociación de empresarios e palilleiras, os técnicos da Axencia de Desenvolvemento Local e da Escola Obradoiro de hostalería e animación de Camariñas . Estas reunións coordinadas pola asociación Adterra deron como resultado a realización dun breve diagnóstico da situación do sector hostalería turismo do territorio e a definición de obxectivos e actuacións para mellorar esta situación. Ademais de crear unha dinámica de colaboración entre entidades e administración local que segue a manterse e que deron moi bos resultados nas diferentes colaboracións.
Nota de prensa Creación dun grupo de traballo mixto [2008] >>
O Concello de Camariñas contratou os servizos dunha empresa especializada para deseñar a imaxe turística e o slogan co que desenvolverá tódalas campañas de turismo en colaboración coa asociación de empresarios de Camariñas.
Nota de prensa Imaxe turística e slogan [2009] >>
No seo deste grupo mixto de traballo elaboráronse dous propostas de paquetes turísticos promovidos por:
· A Asociación de Empresarios de Camariñas
· A Axencia de Desenvolvemento Local.
Os paquetes céntranse en dous dos recursos máis sobresaíntes do concello:
O encaixe de Camariñas
O medio natural.
Estas accións foron presentadas durante a Semana Santa e a Mostra de Encaixe de Camariñas.
Cartel presentación paquetes turísticos [2009] >>
Folletos paquetes turísticos [2009] >>
Durante a Semana Santa desenvolveuse a primeira campaña en internet de divulgación do territorio e os seus recursos.
Ademais, realizáronse cambios na web municipal:
- Introducindo melloras na información turística
- Engadindo un apartado específico para facilitar a organización do viaxe dos nosos visitantes
- Creando un espazo para a divulgación de recursos e novidades turísticas do concello.
Cartel paquete encaixe [2010] >>
Editáronse 2 folletos divulgativos en 4 idiomas con información sobre o municipio e os 4 itinerarios -rutas de sendeirismo.
Estanse a deseñar unha Guía de Camariñas de alta calidade para difundir entre sectores máis selectos os recursos del municipio e invitar a coñecelos.
Os paquetes turísticos deseñados foron mellorados e actualizados para ser comercializados por axencias de viaxes. Participouse nun programa conxunto con outros territorios da Costa da Morte e se iniciou a comercialización con dous axencias de viaxe Galegas.
Pretendemos, proximamente, realizar un programa piloto de Fam Trips para técnicos/as de turismo, axencias de viaxes e medios de comunicación especializados.
Realizaremos presentacións e promoveremos contactos profesionais con asistencia a feiras e certames de turismo nacionais e internacionais.
Deseñaranse un conxunto de actividades de dinamización de destino en colaboración interempresarial para mellorar a afluencia de visitantes en tempada media e baixa. Estas actividades serán deseñadas e coordinadas polo grupo mixto de traballo xa constituído.
Nestes anos desenvolveremos un programa de formación para activos (empresariado e empregados) e desempregados del municipio para mellorar a calidade e a profesionalización no sector. Primándose a formación en áreas e servizos con maiores carencias e necesidades.