Os Concellos de Camariñas, Cee, Muxía, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Vimianzo, Mazaricos e Ponteceso, teñen o pracer de informar da posta en marcha da 4ª edición do Programa de Andainas Coñece a Costa da Morte.
Os nove roteiros que este ano nos amosarán distintos currunchos da nosa fermosa xeografía, estarán enmarcados nun programa cunha normativa común.
As distancias das rutas poderán variar entre os 10 e os 15 quilómetros aproximadamente e a organización poderá modificar o percorrido previsto se así o estima por razóns de seguridade. As andainas comezarán ás 10:00 e rematarán entre as 13:00 e as 15:00.
Para participar no programa, debese formalizar a inscrición no Concello de cada un e no caso de non pertencer a ningún dos Concellos organizadores, podese formalizar en calquera deles. A inscrición é gratuita.
Poderán participar nenos e nenas a partir de 7 anos, sempre acompañados dun adulto responsable (ata 16 anos) e os pais ou titores deberán asinar unha autorización.
O prazo de inscrición remata o xoves previo á realización da actividade, e non se admitirán inscricións pasado este prazo.
Cada Concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. En caso contrario, os participantes deberán desprazarse pola súa conta o punto de partida da ruta.