O Concello

Departamentos

* Obradoiros MAN: Mar, Arte e Natureza 07/05/2015

Obradoiros MAN: Mar, Arte e Natureza

Centrado na posta en valor do porto pesqueiro de Camelle e na recuperación do legado artístico de Manfred Gnädinger, “MAN: Mar, Arte e Natureza”, é un produto turístico-cultural que, a través do Grupo de Acción Costeira 3 Costa da Morte e grazas a financiación con fondos europeos, persigue coma fin fomentar o turismo na comunidade costeira local. 

 A través de diversos obradoiros de arte organizados que se levaran a cabo durante o mes de maio para o público xeral e as xentes do lugar, preténdese amosar aos participantes, o amor e o respecto que Man sentía pola terra e o mar. Artistas e críticos de prestixio internacional deixaron xa a súa pegada nos encontros realizados anos atrás, como Nils Udo, Miguel Ángel Blanco ou Antón Castro. 

 Os Obradoiros MAN: Mar, Arte e Natureza levaranse a cabo no Museo de Man en Camelle nas seguintes datas: 

  Os días 9 e 10 de maio: “Práctica da inocencia intelixente”

Encontro que consistirá en traballar xunto ó director do obradoiro Juan Fernando de Laiglesia e cos coordinadores Marisa de Laiglesia e Antón Sobral; os cales tratarán de conseguir que os participantes leven a cabo creacións artísticas froito da unión coa Natureza, as cales poderán ser materializadas a través de imaxes, obxectos ou diálogos.  

 Os días 16 e 17 de maio: “Arte e natureza: As crebas”, 

Obradoiro dirixido por Francisco X. Fernández Naval e coordinado por Antón Sobral. Este encontro consistirá en pasar dous días traballando coas crebas atopadas nos arredores, co fin de comprender o valor que o home lévalle dando a estes materiais arrastrados polo mar, e que deron orixe a profesión de crebeiro.  


Os encontros comezarán o sábado 9 e 16 de maio as 11:00 h  no Museo de Man (Casa do Alemán, Camelle) e rematarán o domingo 10 e 17 pola mañá coa posta en común dos traballos realizados. Estes obradoiros contarán cun máximo de vinte persoas que poderán inscribirse a través do número de teléfono 629818199 ou correo electrónico a datagestioncultural@gmail.com 


Para máis información: 
Difusión do proxecto MAN: Mar, Arte e Natureza:
Andrea Serodio Domínguez  TLF. 677.464.164 
datagestioncultural@gmail.com 

Web do proxecto MAN: Mar, Arte e Natureza:
www.mandecamelle.com

Descargas relacionadas


© by Abertal