2ª Edición do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte, nas que o Concello de Camariñas é primeiro dos oito Concellos que este ano participamos no programa, en botar a andar a súa Andaina.
A data da mesma será o sábado 5 de Abril, data límite de inscrición o xoves día 3 de Abril.
As Andainas van destinadas a persoas de 7 ou máis anos, para anotarse hai varias vías:
Hai que entregar o recortable desta carta (adxunto) nas conserxerías dos colexios de primaria e na do IES ou ás titoras da Unitaria de Camelle en función de onde estudes e incluso entregando aos monitores das actividades deportivas municipais o recortable (Alberto e Juan Ramón).
Tamén chamando ao Concello 981-736000 (preguntar por Fran, o Coordenador de Deportes) ou no email: fran.puga@camarinas.dicoruna.es