Este documento foi realizado cunha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e os fondos FEDER e foi aprobado en Plano municipal o 27/11/2020
Camariñas forma parte do Pacto de Alcaldías polo Clima. As cidades asinantes comprométense a actuar para apoiar a implantación do obxectivo europeo de redución dos gases de efecto invernadoiro nun 40 % para 2030 e a adopción dun enfoque común para o impulso da mitigación e a adaptación ao cambio climático.
Os esforzos realizados polo concello con este obxectivo quedan reflectidos neste Plan onde tamen se recolle un programa de actuación para o clima e a enerxia sustentable nos próximos anos.