Anuncio do Concello de Camariñas para a contratación laboral temporal mediante concurso, de once peóns ao abeiro das subvencións concedidas a través do programa de cooperacións ( Orde de 30 de decembro de 2011).
Obxeto: Contratación laboral temporal de once peóns. O contrato formalizarase baixo a modalidade de duración determinada de interese social.
Requisitos dos aspirantes: Os establecidos nas bases aprobadas por Decreto da Alcaldía de data 20 setembro de 2011.
Procedemento: Concurso de méritos.
Presentación de instancias:
Prazo: Tres días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do Concello.
Lugar: Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Camariñas.
Lugar de obtención de información: Concello de Camariñas, Praza de Insuela, núm. 57 -15123 - Camariñas