O Concello

Departamentos

* ERTE - EXPEDIENTES REGULADORES TEMPORAIS DE EMPREGO POLO COVID-19 01/04/2020

ERTE - EXPEDIENTES REGULADORES TEMPORAIS DE EMPREGO POLO COVID-19

As empresas e autónomos afectados polo estado de alarma poden acceder ás seguintes medidas de  Expedientes de Regulación Temporal do Emprego (ERTE) do seu persoal: aínda que se teña un só traballador/a:

·        ERTE POR FORZA MAIOR   

  • As empresas poden acudir a ERTE por forza maior cando: 
-Experimenten perdas de actividade como consecuencia do COVID-19 que impliquen suspensión ou cancelación de actividades.

-A súa actividade se atope recollida expresamente no Real Decreto 463/2020.

-Cando debido ao contaxio do seu persoal, ou ás medidas de illamento impostas pola autoridade sanitaria, se atopen nunha situación urxente e extraordinaria.

-Se vexan obrigadas a suspender a súa actividade como consecuencia do peche temporal de locais de afluencia pública, restricións no transporte (público, de persoas, de mercadorías) ou falta de subministracións que impidan a actividade, sempre que sexan motivadas polo COVID-19.

-Non poidan continuar a súa actividade a causa de decisións das administracións públicas vinculadas co COVID-19
  • Cando na empresa concorran causas de forza maior distintas das  anteriores, deberá acreditar e xustificar ditas causas na memoria de presentación do ERTE, as cales serán valoradas pola autoridade laboral.
  • O ERTE pode supoñer suspensións temporais de contratos e/ou redución temporal da xornada de traballo de parte ou de todo o persoal.
  • Procedemento de tramitación para empresas con actividade en Galicia https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR820C 
  • A empresa deberá informar do ERTE por forza maior á autoridade laboral e á representación do seu persoal. Cando sexa centro de traballo radicado nunha soa provincia, a autoridade laboral será a Xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Si a empresa ten centros en diferentes provincias, deberá informar á  Secretaría Xeral de Emprego da Consellería. Se ten centros en diferentes comunidades autónomas, deberá informar e tramitar no Ministerio. En 5 días terá resposta  sobre si considera ou non de forza maior o ERTE.
  • As empresas que a 29 de febreiro tivesen menos de 50 persoas empregadas quedan completamente exoneradas do pago da cota empresarial á Seguridade Social do persoal afectado por ERTE de forza maior. Nas empresas con 50 ou máis persoas empregadas a exoneración acada o 75% da cota empresarial. En calquera caso, a exoneración non é automática e debe ser solicitada pola empresa.
  • O persoal incluído nun ERTE relacionado co COVID-19 ten dereito ao recoñecemento da prestación por desemprego. O tempo de percepción non computa a efectos de consumir os períodos máximos de prestación.  A prestación será do 70% da base de cotización calculada nos últimos 180 días cotizados. A tramitación desta prestación é obriga da empresa.
  • As empresas con ERTE de forza maior teñen a OBRIGA de incorporar ao persoal afectado polo ERTE en canto se levante as medidas de estado de alarma. O persoal deberá incorporarse co mesmo tipo de traballo e condicións durante 6 meses como mínimo.
  • A autoridade laboral revisará os ERTE é poderá sancionar as infraccións que se detecten,  podéndose  incorrer en delito penal.   

 ·        ERTE POR CAUSAS ECONÓMICAS, TÉCNICAS, PRODUTIVAS E ORGANIZATIVAS

  • As empresas afectadas pola situación creada polo COVID-19 que non podan solicitar ERTE por forza maior, deberán presentar un ERTE por causas económicas, organizativas, técnicas ou de produción.
  • O ERTE pode supoñer suspensións temporais de contratos e/ou redución temporal da xornada de traballo de parte ou todo o persoal.
  • O persoal incluído nun ERTE relacionado co COVID-19 ten dereito ao recoñecemento da prestación por desemprego. O tempo de percepción non computa a efectos de consumir os períodos máximos de prestación. A prestación será do 70% da base de cotización calculada nos últimos 180 días cotizados. A tramitación desta prestación é obriga da empresa.
  • As empresas teñen que seguir cotizando á Seguridade Social polas persoas incluídas no ERTE.
  • A empresa deberá informar do ERTE á autoridade laboral e á representación do seu persoal. Cando sexa un centro de traballo radicado nunha soa provincia, a autoridade laboral será a Xefatura territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Si a empresa ten centros en diferentes provincias, deberá informar á  Secretaría Xeral de Emprego da Consellería. Se ten centros en diferentes comunidades autónomas, deberá informar e tramitar no Ministerio. En 7 días terá resposta  sobre si considera ou non de forza maior o ERTE.
  • A autoridade laboral revisará os ERTE é poderá sancionar as infraccións que se detecten,  podéndose incorrer en delito penal.
  • Procedemento administrativo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR820B&ano=2015&numpub=1&lang=es

Descargas relacionadas


© by Abertal