Mozos e mozas de 18 a 24 anos realizarán prácticas laborais no Reino Unido e Portugal
Prazo de solicitude: luns 31 de agosto.
Un total de 14 mozos e mozas, de entre 18 e 24 anos dos concellos de Camariñas, Carnota, Dumbría, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas, inscritos no rexistro de Garantía Xuvenil, participarán no proxecto Galeuropa - Costa da Morte e realizarán prácticas laborais non remuneradas de 105 horas/mes durante 2 meses en empresas de Portugal e Reino Unido, á vez que recibirán unha formación certificada na lingua do país.
O programa corre cos gastos da viaxe, aloxamento e estancia na cidade no que se desenvolvan as prácticas.
Mediante este programa de mobilidade transnacional xuvenil os participantes coñecerán o mundo empresarial europeo e, á súa vez, practicarán o portugués ou o inglés. A finalidade é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais da mocidade. O obxectivo é contribuír á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo, ao tempo que se apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros.
Requisitos para participar:
1. Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito de Galicia http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html
2. Ter entre 18 e 24 anos, ou menos de 30 se teñen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
3. Ademais dos requisitos anteriores, deberanse cumprir os seguintes:
a) Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores.
b) Non ter recibido accións Educativas de máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores.
c) Non ter recibido accións Formativas de máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.
No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra
b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de 40 mensuais nos 30 naturais anteriores. Estes requisitos, agás o de idade, deberán manterse no momento da selección das persoas que participarán no programa.
As persoas interesadas deberán inscribirse ata o luns 31 de agosto nalgún dos concellos participantes. Xunto á folla de inscricións debe acompañarse a documentación que establece o programa.
Máis información e inscricións en:
onosofuturo@camarinas.net https://onosofuturo.wordpress.com/galeuropa-costa-da-morte/
CONCELLO DE CAMARIÑAS
Axencia de desenvolvemento local
T. 981737004
CONCELLO DE MAZARICOS
Axencia de desenvolvemento local
T. 981 867 104
CONCELLO DE CARNOTA
Axencia de desenvolvemento local
T.981 857 032
CONCELLO DE MUXIA
Axencia de desenvolvemento local
T. 981 742 001 T.
CONCELLO DE DUMBRIA
Axencia de desenvolvemento local
T.981 744 001
CONCELLO DE VIMIANZO
Departamento de Promoción Económica
T. 981 716 001
CONCELLO DE ZAS
Axencia de desenvolvemento local
T. 981 708 303