O Concello

Departamentos

* Actividades


Actividades Realizadas do Programa Camariñas Co-Responsable

Curso de Cociña para homes [de febreiro ata abril de 2009]

Curso de Cociña para homes

Con este curso pretendeuse que o colectivo masculino asumira as súas responsabilidades domésticas e familiares dende a dobre convicción de que, por un lado, é un acto de xustiza necesaria para as respectivas parellas e, por outro, trátase de adquirir un conxunto de habilidades e coñecementos que dotan dunha maior e necesaria autonomía persoal.

Caderno de Dereitos laborais: “Comeza cos teus dereitos” [Último trimestre de 2008 e primeiro de 2009]

Caderno de Dereitos laborais: “Comeza cos teus dereitos”

Pretendeuse dotar as persoas traballadoras dun documento onde se recollen todos os dereitos dos que poden facer uso as persoas empregadas tanto na administración pública como na empresa privada.










Mesas pola Igualdade [marzo de 2009]

Co motivo do día internacional da Muller Traballadora, organizouse un acto de presentación e convivencia onde se lle deu a coñecer á cidadanía de Camariñas as distintas iniciativas que se están a levar a cabo dende a área de Igualdade.

II Maratón fotográfico “Implícate” coa Corresponsabilidade [setembro de 2009]

Cartel II Maratón fotográfico “Implícate”

A actividade pretendeu sensibilizar o público en xeral e o colectivo masculino en especial da importancia e da necesidade da Corresponsabilidade e premiar a creatividade dos fotógrafos, difundindo os traballos realizados e realizando unha exposición física.







Taller de Corresponsabilidade para homes [novembro 2009]

Taller de Corresponsabilidade para homes

Realizouse unha actividade de fomento da autonomía do colectivo masculino nas tarefas da casa, e de fomento da corresponsabilidade.




2ª edic. Cociña para homes: Cara a Corresponsabilidade [de decembro de 2009 ata febreiro de 2010]

2ª edic. Cociña para homes

Pretendíase ademais de conciencialos na necesidade de asumir tarefas domésticas tamén era importante que se fora creando unha rede de homes concienciados na necesidade da igualdade de oportunidades.


© by Abertal