O Concello

Departamentos

* Actividades


Actividades Realizadas do Programa En Feminino: A voz das mulleres

Grupos de encontro [maio a setembro de 2006]

Grupos de encontro

Reunións parroquiais e semanais, onde leváronse a cabo técnicas de comunicación, expresión, negociación e consenso, entre outras actividades.




Curso de habilidades sociais e autoestima: Cara ao empoderamento [xuño de 2006]

Realizouse este curso de formación coa pretensión de promover a cohesión de grupo e traballar as habilidades sociais.

Curso de produción audiovisual [xullo, agosto e setembro de 2006]

Realizouse toda a elaboración necesaria para a realización dun documental sobre os oficios tradicionais galegos e baseouse nas mulleres significativas elixidas no programa anterior.

Memoria do tempo [xullo e agosto de 2006]

Realizouse un obradoiro que levou as mulleres participantes de volta ao pasado. Houbo unha recompilación de obxectos da súa infancia.

Rutas de sendeirismo [xullo e agosto de 2006]

Rutas de sendeirismo

Realizáronse itinerarios guiadas para mulleres polo noso concello, por lugares onde antigamente desprazábanse as mulleres.








Coro Municipal de Mulleres [xuño de 2006 ata a actualidade]

Consistiu na creación dun coro de mulleres onde ademais de ser unha actividade de lecer é un espazo de expresión creativa e persoal. Esta actividade aínda segue funcionando na actualidade.

Produción e realización dunha peza audiovisual [xullo,agosto, setembro e outubro de 2006]

Despois da realización do curso, levouse a cabo a gravación da peza audiovisual.

Calendarios 2007 [decembro 2006]

Realizáronse calendarios de colgar con fotografías feitas nas actividades levadas a cabo no programa. Repartíronse a todo o concello.


© by Abertal