A partir da valiosa experiencia do I PIOM como instrumento de promoción e fomento da política de igualdade levada a cabo polo concello de Camariñas, deseñouse un II plan con medidas máis axustadas ás necesidades da sociedade camariñana que será marco de referencia para a execución das políticas municipais de igualdade durante o seu período de vixencia.
Realizouse unha memoria de avaliación do I PIOM, para a detección da implementación das medidas establecidas no mesmo.
Este I Plan de Igualdade foi o primeiro compromiso do concello de Camariñas para corrixir a través dunha política de igualdade, as discriminacións resultantes dos hábitos e prácticas tradicionais.
Estudo de investigación que constituíu o primeiro paso na implantación dun servizo de igualdade.
Continuarase co programa por medio da realización da avaliación do II PIOM