O Concello

Departamentos

* Actividades


Actividades do Programa de Minimización de Residuos

Concurso “Recicla” [en desenvolvemento ata xuño de 2010]

Concurso “Recicla”

Concurso de reciclaxe de papel e de envases lixeiros cos colexios.

O alumnado participante realiza recollida selectiva nos contenedores destinados para iso no recinto escolar. Prémiase ao grupo que máis e mellor recicle.

Coñécerase o resultado do concurso a finais de xuño do 2010.

Campaña Reciclaxe de Aceites [En realización desde febreiro de 2010]

Reciclaxe de Aceites

Obradoiro reciclaxe de aceites [PDF]

En colaboración con la empresa PMA, o ayuntamiento pon en marcha unha campaña de recollida de aceites domésticos usados.

Seis supermercados das parroquias de Camariñas, Camelle e Ponte do Porto colaboran nesta campaña.

Xincana “A sombra do lixo” [decembro 2009]

A sombra do lixo

Ver o vídeo en YouTube >>

Poster da Xincana "A sombra do lixo"[PDF]

Concurso para mozos con probas e actividades relacionadas co reciclaxe e a minimización de residuos. Realizábase, empregando a sombra que proxecta o lixo (latas, botellas etc), imaxes e figuras creativas.

Concurso escolar “Ponte as pilas e mobilízate” [outubro-novembro 2009]

Gañadores do concurso

Recogida de pilas e móbiles realizada polo alumnado dos colexios e do instituto de Camariñas.

Os gañadores foron o alumnado do Instituto Pedra da Aguia de Ponte do Porto e o premio á participación foi para o colexio de educación infantil de Xaviña.

Obradoiro de papel reciclado [26 outubro 2009]

Obradoiro preescolar

Obradoiro para escolares de educación infantil de Xaviña no que aprenderon a realizar papel reciclado e outros traballos manuais para aproveitar o papel usado.



Obradoiro de minimización e reciclaje [28 e 29 outubro 2009]

Obradoiro en colexios

Obradoiro para escolares de Ponte do Porto, Camariñas e Camelle.

Realizouse un cuestionario sobre os comportamentos cos residuos e un repaso da estratexia das 3 R. Posteriormente por grupos de traballo separaban os distintos tipos de residuos e en grupos aportáronse posibles solucións para a reciclaxe deses residuos e o seu aproveitamento.

Obradoiros de consumo responsable para empresas [28 e 29 outubro 2009]

Obradoiro empresarios

Obradoiro de reciclaxe para empresas en Camariñas e Ponte do Porto.

Nestes obradoiros segueuse a mesma dinámica que nos obradoiros con veciñ@s, prestando unha maior atención ás necesidades do empresariado e ls problemas cos que se atopa para xestionar os residuos que xeneran.

As persoas participantes expuxeron tamén as súas ideas de mellora en canto á xestión de residuos no territorio.

Obradoiro de sensibilización da cidadanía [26, 28 e 29 outubro 2009]

Obradoiro veciñanza

Cartel do obradoiro veciñanza en Camelle [PDF]

Obradoiro en Camariñas, Camelle, Ponte do Porto e Xaviña.

Nestes obradoiros tentouse manter o diálogo coas persoas participantes, contestando preguntas e dúbidas e realizando un cuestionario inicial sobre hábitos de consumo e o tratamento dado aos residuos. Posteriormente realizouse unha exposición apoiada cunha presentación en Power Point: “Os residuos: un tesouro que debemos aproveitar”.

Presentación programa [16 de outubro de 2009]

Presentación en Camariñas

Presentación do programa de minimización de residuos [PPS]

Celebrado ás 20:00h no Salón de Actos da Casa de Piedra. Dirixido a toda a cidadanía e os medios de comunicación.

Este acto tivo como fin dar a coñecer o programa de actividades que se realizarían dentro do Programa de Minimización de Residuos. Tamén se analizou coas persoas participantes a necesidade dun cambio no tratamento dos residuos.

Foro de participación e servizo de asesoramento: Blog Minimización [Marzo 2009]

Blog Minimización

Blog Minimización

Espazo de asesoramento sobre minimización e xestión de residuos para todos os veciños e veciñas.

Na web municipal instalouse unha ligazón ao blog do Programa de Minimización de Residuos, neste blog deseñouse específicamente un apartado (FORO DE PARTICIPACIÓN E SERVIZO DE ASESORAMENTO) para ser utilizado por aqueles que desexaran expresar as súas ideas, dudas, queixas e suxerencias.


© by Abertal