OMIC Camariñas
Praza de Insuela S/N
15123- Camariñas
Telf: 981 73 70 04 Fax: 981 73 61 99
info@camarinas.net
De luns a venres de 8:00 a 15:00 horas
A OMIC de Camariñas é un servizo municipal para axudar aos consumidores e usuarios a defender os seus dereitos mediante a información, asesoramento e recepción de reclamacións de consumo.
É un servizo gratuíto que pode empregar a cidadanía para solicitar información e apoio nos temas de consumo.
A cidadanía pode atopar na OMIC:
· Follas de reclamacións e asesoramento para a súa presentación e tramitación.
· Xestión de mediación cando xurde algún problema entre os consumidores e os empresarios.
· Asesoramento previo á compra dun produto ou á contratación dun servizo, para coñecer os seus dereitos.
· Información dos dereitos dos consumidores ou usuarios e a mellor vía para solucionar calquera irregularidade en materia de consumo.
· Enderezos doutros centros ou organismos relacionados co consumo.
· Relación de produtos ou servizos que están prohibidos polo seu risco ou perigo.