A costa de Camariñas é un dos enclaves máis perigosos da Costa da Morte (A Coruña- España) relacionados cos naufraxios e accidentes no mar. Ao longo da historia os naufraxios e accidentes no mar teñen afectados a grandes e pequenas embarcacións (buques, gabarras, embarcacións de lecer e barcos mariñeiros) e a moitas persoas (pasaxeiros/as, mariñeiros/as, familiares, empresas aseguradoras, profesionais de rescates e desguaces...)
Recuperar as grandes e pequenas historias, aos seus protagonistas e todo o seu contexto é a finalidade deste Ao Rescate das imaxes dos naufraxios de Camariñas.
A actividade organizada polo Concello de Camariñas, quedará aberta dende hoxe ata o 30 de outubro de 2018 e espera, coa colaboración da cidadanía, crear un albúm de imaxes de tódolos naufraxios e accidentes no mar, acontecido nas costas de Camariñas que se publicará na web www.rutadelosnaufragios.com
Máis información. Axencia de desenvolvemento local de Camariñas. 981737004 adl@camarinas.net