O Concello

Departamentos

* FIN DE SEMANA DOS NAUFRAXIOS EN CAMARIÑAS. 10, 11 e 12 de novembro 27/10/2017

FIN DE SEMANA DOS NAUFRAXIOS EN CAMARIÑAS. 10, 11 e 12 de novembro

O Concello de Camariñas celebra, como cada 10 de novembro,  os actos en memoria dos naúfragos da Costa da Morte e do Serpent no Cemiterio dos Ingleses. Este ano arroupa este significativo e tradicional acto cun programa de actividades relacionadas cos naufraxios: teatro,relatorios, testemuñas, música, exposicións, ruta guiada… 

O sábado 10 de novembro haberá a tradicional cerimonia en memoria dos naúfragos e a representación teatral Noite dos Naufraxios. Unha ruta guiada por Bernardino Martinez sairá do cemiterio dos ingleses o sábado 11 de novembro. As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente no Punto de Información Turística de Camariñas 

En colaboración coa hostalería de Camariñas este ano se ofrece un conxunto de actividades que amosaran diferentes aspectos dos naufraxios da man de expertos e testemuñas. Podes consultar o programa no seguinte enlace

Descargas relacionadas


© by Abertal