O próximo 1 de novembro achégate a Camariñas a celebrar o samaín.
A Casa de Pedra convírtese nunha casa do terror e quen pase por ela arríscase a facer un arrepiante percorrido.
Pola mañá a casa do terror será menos terrorífica para que se podan acercar os máis pequenos. De feito, os menores de 7 anos convertiranse en pantasmas, ánimas e demais monstros que asustarán aos maiores que os acompañen.
A partir das 16:20 e cada 20 minutos será o turno para os máis maiores.
Pide a túa entrada na biblioteca e non te olvides de vir disfrazado.