O Concello de Camariñas publicou na súa web o Caderno de notas A Lingua da Vida, elaborado cós traballos realizados polas rapazas e rapaces que participaron, os días 19 e 20 de agosto, nos obradoiros A Lingua da Vida subvencionados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os Obradoiros, impartidos por Benquerenza, consistiron nunha ruta polo paseo marítimo e porto da vila de Camariñas para coñecer a flora e fauna que se atopaban durante a andaina.
Nesta actividade o obxectivo foi promover o uso do galego e o coñecemento do medio natural, amosando os estreitos lazos que existen entre as denominacións galegas e os diferentes aspectos da bioloxía das especies atopadas na andaina.
O caderno recolle fotos, debuxos e datos desta andaina e está dispoñible nas redes sociais do concello, axencia de desenvolvemento local e turismo de Camariñas e pode descargarse tamén ao pé desta noticia. Unha versión en papel foi entregada aos centros escolares do concello e queda dispoñible na biblioteca municipal.