Co gallo do Día da Biblioteca, a BPM de Camariñas organiza un evento de temática científica con efectos especiais, bo humor e participación activa do público.
O 24 de outubro , ás 18:00h, o showman Vicente Mohedano, conducirá o espectáculo Cando o Sol se deita, dirixido a nenos de 7 a 12 anos cunha duración de 70 min. de entrada gratuíta.
Ademais, durante a semana do 23 ao 27 de outubro a biblioteca agasallará cun libro as persoas que fagan uso do servizo de préstamo.