O Concello

Departamentos

* Obradoiros dentro da oferta formativa do Dirección Xeral de Xuventude 11/10/2017

Obradoiros dentro da oferta formativa do Dirección Xeral de Xuventude

A OMIX  do Concello de Camariñas vai solicitar os seguintes obradoiros dentro da oferta formativa do Dirección Xeral de Xuventude:

Berrando Solucións, dirixido a mozas e mozos de 13 a 17 anos, que consiste en saber buscar solucións globais aos conflitos nas que as partes gañen e non aparezan sentimentos de vergoña, derrota, etc

Redes Familiares: Drogas, dirixidos a nais, pais, titores e titoras legais. Os obradoiros serán impartidos por persoal técnico dos centros Quérote+. A duración é de aproximadamente dúas horas. O día e hora determinarase segundo a dispoñibilidade das persoas inscritas.

Se vos interesan algún destes obradoiros chamade ao teléfono: 981737234 ou escribide un correo a cultura@camarinas.net. Prazo de inscrición: ata o 20 de outubro.


© by Abertal