O Concello

Departamentos

* CONTRATACIÓN DE SERVIZOS PARA O ÁREA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE CAMARIÑAS 01/09/2017

CONTRATACIÓN DE SERVIZOS PARA O ÁREA DE IGUALDADE DO CONCELLO DE CAMARIÑAS

O concello de Camariñas vai seguir esforzándose na súa loita pola igualdade entre mulleres e homes e contra da violencia de xénero. Para continuar con este compromiso precisa dos servizos dun profesional con experiencia e formación acreditada neste campo e  diplomatura/grado/licenciatura en traballo social, educación social, socioloxía, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía ou antropoloxía social para que realice o seu cometido como traballador/a autónomo/a ou a través dunha empresa.  

Temporalidade: ata decembro de 2017  

Presuposto previsto: 4500€  

Actividades imprescindibles:
-       Revisión, corrección e remate do III PIÓN para a súa aprobación.
-       Deseño das actividades necesarias para a consecución dos obxectivos reflectidos nos distintos eixes do III PIOM.
-       Obradoiros de igualdade destinados aos distintos sectores da poboación.
-       Preparación e realización das actividades do día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
-       Implementación do programa En negro (25 novembro)    

Para participar é necesario acreditar a titulación, experiencia e formación e presentar unha programación/proxecto de actividades a realizar no período sinalado debendo constar a lo menos:

-      As actividades imprescindibles: programa detallado dos obradoiros e das actividades do 08/03/2018
-      Novas propostas: valorarase moi positivamente as actividades complementarias que impliquen a toda a poboación na loita pola igualdade e contra a violencia de xénero
-      Horario de permanencia nas dependencias municipais para atención ao público e preparación e desenvolvemento das actividades
-      Presuposto detallado  

Prazo de presentación de memoria/proxecto: 11/09/2017


© by Abertal