O Concello

Departamentos

* ABRESE ATA O 26 DE AGOSTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO NA COSTA DA MORTE 2017. 14/08/2017

ABRESE ATA O 26 DE AGOSTO O PRAZO DE SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO NA COSTA DA MORTE 2017.

O Concello de Camariñas xunto cos Concellos de Mazaricos, Muxía e Vimianzo organizan coa subvención da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia unha a terceira edición do programa Deseñando o teu futuro na Costa da Morte.

Ata o 26 de agosto queda aberta  o prazo de inscrición de mozos e mozas de 14 a 17 anos dos concellos participantes.
Ata 15 persoas poderan realizar as actividades previstas para a primeira quincena de setembro de 2017.

Recibirán 36€ en concepto de beca si completan tódo o programa que se compoñe de:
-          Estadías- prácticas en empresas colaboradoras,de 6 días e 5,30 horas cada día
-          1 Visita guiada a empresas innovadoras e significativas da Costa da Morte
-          Formación sociolaboral de orientación e apoio á inserción e eleccións laborais

Este programadas pretende aproximar a realidade socio-laboral e empresarial dos concellos a estes mozos e mozas facilitando unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional e faiga máis doada a transición entre escola e traballo.

As persoas interesadas poden contactar coas axencias de desenvolvemento local dos Concellos. En Camariñas. Praza de Insuela S/N Casa de Pedra 981737004 Máis información: https://onosofuturo.wordpress.com e onosofuturo@camarinas.net

Descargas relacionadas


© by Abertal