O Concello

Departamentos

* PLAN RENOVE DE TALLERES DE REPARACIÓN DE VEHÍCULOS 08/04/2011

PLAN RENOVE DE TALLERES DE REPARACIÓN DE VEHÍCULOS

Axudas da Consellería de Economía e Industria de ata un 30% para o Plan Renove de Talleres de reparación de Vehículos

 
Ata o 7 de outubro deste ano, ou ata que se esgote o orzamento, pódense solicitar axudas de ata o 30% para investimento, equipos ou instalacións ao través do Plan Renove para talleres de reparación de vehículos.  


Estas subvencións teñen como obxectivo renovar e modernizar os talleres para adaptalos aos avances tecnolóxicos no sector. Como exemplo, pódese solicitar axuda para diagnose multimarca, analizadores de gases, elevadores, aliñadores de dirección sen fíos, instalacións de aire comprimido, sistemas de filtración, aspiración e extracción centralizada e outros investimentos.  

Para máis información, solicite cita na Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas ou no teléfono 981 73 70 04.


© by Abertal