O Concello

Departamentos

* OBRADOIRO-ITINERARIO MEDIOAMBIENTAL GRATUITO: A LINGUA DA VIDA 31/07/2017

OBRADOIRO-ITINERARIO MEDIOAMBIENTAL GRATUITO: A LINGUA DA VIDA

O Concello de Camariñas realizará, no marco da Expo Ria de Camariñas, este obradoiro subvencionado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Os rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos poden realizar estes obradoiros nos que coñeceran a flora e fauna de Camariñas e os nomes en galego das especies coas que se atopen neste itinerario medioambiental.Os debuxos das especies cos seus nomes e as localizacións  realizadas nestes obradoiros serán publicadas na web de Camariñas.  

O Obradoiro de flora realizarase o 19 de agosto de 11:00 a 13:00h e á mesma hora o domingo 20 de agosto será o obradoiro para recoñecemento de aves. As persoas interesadas requiren inscrición previa que deberan realizar na Caseta de Información Turística de Camariñas. Horario de luns a domingo de 10:30 a 14:30 e de 16:00 a 20:00h

Descargas relacionadas


© by Abertal