O sábado, 16 de abril, ás 12:00 horas terá lugar no centro cultural Casa de Pedra de Camariñas a presentación do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, e no que participan tamén como autores Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.
O acto contará coa participación de Manuel Bragado (director de Xerais), Manuel Valeriano Alonso de León (Alcalde de Camariñas) e os autores.
Organizan Concello de Camariñas e Edicións Xerais de Galicia.