A Xefatura do Estado publicou o Real Decreto-Lei 7/2017 no BOE (Boletín Oficial del Estado) do 29 de abril de 2017 17 polo que se prorroga e modifica o Programa de Activación para o Emprego.
Modificacións realizadas:
- Permítese o acceso a calquera persoa desempregada que esgotara calquera prestación por desemprego
- Redúcese o prazo de espera para poder solicitalo desde que se esgotou calquera prestación de 6 meses a un mes
- Redúcese o prazo de inscrición como demandante de emprego de 360 días (12 meses) a 270 días (9 meses) dentro dos 18 meses anteriores á solicitude.
IMPORTANTE: Estas modificacións aplícanse tamén ás persoas desempregadas que cumpran os novos requisitos e que non estando inscritas na data de entrada en vigor desta norma si o estiveran entre o 1 de decembro de 2014 e o 1 de abril de 2016, dándose cabida deste xeito a potenciais persoas beneficiarias ás que a regulación inicial non permitiu o acceso.
Para ser admitidas no programa e obter o recoñecemento da axuda económica as persoas desempregadas deberán presentar a solicitude de incorporación dentro do ano seguinte contado a partir do 1 de maio de 2017.
Unha vez comprobado polo Servicio Público de Empleo Estatal que se cumpren os requisitos de acceso informarase á persoa solicitante de que, para proceder a súa admisión no programa e o abono da axuda económica correspondente, deberá acreditar ter realizado 3 accións de busca de emprego (segundo os termos establecidos no artigo 3 do Real Decreto-Lei) así como ter asignado un itinerario individual e personalizado de emprego (nos termos establecidos na mencionada normativa).
REAL DECRETO-LEI 7/2017 DO BOE:
http://boe.es/boe/dias/2017/04/29/pdfs/BOE-A-2017-4678.pdf
ENLACE DA PÁXINA DO SEPE COA INFORMACIÓN DO PROGRAMA:
http://www.sepe.es/contenidos/personas/prestaciones/he_dejado_cobrar_paro/program_activacion_empleo.html
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00