O Concello

Departamentos

* PROGRAMA DE TURISMO DEL IMSERSO 2017-2018 11/05/2017

Está aberto o prazo para  solicitar praza no programa de Turismo del Imserso temporada 2017/2018

Requisitos:

- Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social con 65 anos cumpridos.
- Ser pensionistas de xubilación do Sistema Público de pensións.
- Pensionistas por outros conceptos, ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
- Ser pensionista de viuvez con 55 anos cumpridos.

As/os cónxuxes ou parellas de feito, non precisan reunir os requisitos de idade ou pensión. Así mesmo, se admitirá como acompañante a unha/un filla/o con discapacidade cun grao igual ou superior o 45 %, sempre que a discapacidade lles permita viaxar, o fagan cos pais compartindo habitación e, deberán valerse por si mesmos e non padecer alteracións de comportamento que lle impidan a normal convivencia nos hoteis.

Destinos:       

- Opción A:
Zona Costeira Peninsular.
Opción B: Zona Costeira Insular e Turismo de Interior.  

Prazo: a primeira fase ata o día 7 de xuño do 2017 e, a segunda fase do 8 de xuño 2017 ata o 26 de febreiro de 2018, nas dependencias dos Servizos Sociais do Concello, para máis información poderán chamar o teléf.: 981 73 70 04. Tamén poderán facer a solicitude on line a través da Sede Electrónica do Imserso: https://sede.imserso.gob.es

Descargas relacionadas


© by Abertal