O Concello

Departamentos

* PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2017 05/04/2017

PROBAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 e 4 NO ANO 2017

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 4 de abril as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4.
 
Destinatarios / as:

-  Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2017, nacionais ou estranxeiras. 

Prazo de inscrición:

- Do 5 de abril ao 5 de maio de 2017 (inclusive) 

Datas de realización das probas:

- Celga 1: 18 de xuño de 2017
- Celga 2: 11 de xuño de 2017
- Celga 3: 17 de xuño de 2017
- Celga 4: 10 de xuño de 2017

Se o número de aspirantes non permitise a realización da totalidades das probas orais no día sinalado nesta resolución, a Comisión Central de  Avaliación determinará o día ou días en que terá lugar a devandita avaliación oral, que serán debidamente publicitados na páxina web www.lingua.gal 

As probas desenvolveranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. Os lugares concretos e o horario indicaranse cando se fagan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada proba de nivel Celga. 

Contía das taxas de exame: 15,77 €

Lembrámosvos que as certificacións de lingua galega son obrigatorias para presentarse a algúns procesos selectivos da administración autonómica e local como as listaxes de vinculacións temporais da Xunta de Galicia e, noutros casos eximen de presentarse ó exame de galego como nas listas de Seaga, distintas oposicións da Xunta de Galicia, Servizo Galego de Saúde, prazas nas administracións locais. ou poden puntuar en concursos para optar a prazas das distintas administracións públicas. 

Recordarvos tamén que para prepara-los exames Celga tedes tres opcións:    
-  Preparalo pola vosa conta
-  Axudarvos dos materiais que podedes descargar de xeito gratuíto na páxina web da Xunta de Galicia no enlace http://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga
Aquí atoparedes modelos de exames de convocatorias anteriores así como diversos materiais didácticos escritos, de vídeo e audio. 
-  Asistir a un dos cursos gratuítos preparatorios organizados pola Xunta de Galicia.

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
 
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170404/AnuncioG0164-290317-0001_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:
www.lingua.gal

ou CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981 737004 / 653260746 
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00
    


© by Abertal