No DOG número 59 do 24 de marzo de 2017 publícase unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes de diversas categorías nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.
Categorías:
- Telefonista
- Albanel
- Carpinteiro / a
- Costureiro / a
- Perruqueiro / a
As persoas interesadas en formar parte das listaxes deberán inscribirse a través do currículo profesional habilitado electronicamente (FIDES/Expedient-e/Sección de Procesos) ao cal se accederá a través da páxina web www.sergas.es,
O modelo normalizado de formulario de inscrición estará dispoñible no devandito sistema. Logo de confirmado electronicamente pola/o interesada/o deberá imprimirse e asinarse para a súa presentación en formato papel a través do preceptivo rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Na inscrición farase constar expresamente a categoría á que se opta e ámbito territorial de dispoñibilidade, asi como cubrirse as declaracións que constan no modelo relacionadas cos requisitos de admisibilidade.
Cada solicitude de inscrición irá referida a un único ámbito territorial
A solicitude de inscrición nunha categoría será incompatible coa solicitude de inscrición en calquera outra categoría.
Prazo de solicitude para a xeración das primeiras listas: persoas inscritas ata o 25 de abril de 2017 (incluído). Os méritos que serán tidos en conta nesta primeira xeración de listas serán os causados ata o día 10 de abril de 2017.
Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170324/AnuncioG0003-210317-0001_gl.pdf
PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selecci%C3%B3n-de-persoal-estatutario-temporal-no-%C3%A1mbito-do-Servizo-Galego-de-Sa%C3%BAde-e-entidades-p%C3%BAblicas
FIDES EXPEDIENT-E:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/oficina-profesional-expediente-electronico-sergas
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00