Sae publicada no DOG de 17 de marzo de 2017 a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas provisionais, para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia de determinados grupos e categorías.
Grupos e categorías (persoal laboral):
- Grupo III. Categoría 014.
Xefe/a de cociña
- Grupo V. Categoría 001.
Camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a.
As listas poderán consultarse no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e no portal web da Xunta de Galicia, www.xunta.gal na epígrafe de función Pública.
Información publicada:
- Solicitantes admitidos /as na lista con indicación da puntuación provisional.
- Solicitantes excluídos / as con expresión da causa de exclusión
Prazo de reclamacións: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia). As reclamacións presentarante ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela)
No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluídas non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión quedará definitivamente excluída.
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170317/AnuncioCA01-100317-0005_gl.pdf
CONSULTA DAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00