O Concello

Departamentos

* LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA EN VARIAS CATEGORÍAS 16/03/2017

LISTAS SERGAS. ORDE DE PRELACIÓN E PUNTUACIÓN DEFINITIVA EN VARIAS CATEGORÍAS

O Servizo Galego de Saúde publicou, a través da Dirección Xeral de Recursos Humanos, unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de marzo de 2017 pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categoría de persoal estatutario. 

Categorías:

-    Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
-    Técnico/a superior en dietética e nutrición
-    Técnico/a superior en documentación sanitaria
-    Técnico/a superior en hixiene bucodental
-    Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico
-    Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
-    Técnico/a superior en radioterapia
-    Técnico/a en coidados auxiliares de enfermería
-    Técnico/a en farmacia 

As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. 

Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente. Con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG. 

RESOLUCIÓN DO DOG: 
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170315/AnuncioG0003-070317-0001_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal