O Concello

Departamentos

* CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA 16/03/2017

CONVOCATORIA PROBAS AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 15 de marzo de 2017 unha resolución pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática. 

Requisitos:

-      Ter máis de 16 anos ou cumprilos antes da finalización do prazo de inscrición.
-      Inscribirse como usuarios / as da rede CeMIT 

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MD0233_2 “Ofimática” (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación. 

A rede CeMIT publicou na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema) os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de “Autoformación” como material de apoio para a preparación destas probas. 

Pódese consultar as prazas convocadas, datas, lugar e horario no enlace do DOG que se sinala máis abaixo. Localicacións máis próximas a Camariñas: 
-      Santa Comba
-      Vimianzo 

Prazo: 7 días naturais a partir do día seguinte da publicación da resolución no DOG.  

A inscrición poderá realizarse a través da Internet ata as 14:00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. 

Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante, sendo excluídos automaticamente aqueles solicitantes que figuren inscritos en máis dunha localidade ou horario. 

As persoas admitidas deberán aboar unha taxa da 10 euros correspondente aos dereitos de exame.  

Estarán exentas do pagamento da dita taxa as persoas con dereito a matriculación incluídas dentro dos supostos de exencións recollidos no artigo 23.10 da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. 

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170315/AnuncioG0177-090317-0001_gl.pdf 

MÁIS INFORMACIÓN:
http://cemit.xunta.gal

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net    
LUNS A VENRES 8:00 – 15:00


© by Abertal