Estimadas familias:
No día de hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio para o curso 2017/18, entre as que se conta a Escola Infantil de Camariñas.
O prazo de presentación de solicitudes, tanto para as de renovación de praza como para as de novo ingreso, será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da dita resolución, sendo o mesmo do 09/03/2017 ó 10/04/2017 ambos incluidos.
Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicatario/a de praza nas escolas infantís 0-3 xestionadas polo Consorcio:
• Que a/o nena/o estea nada no momento da presentación da solicitude.
• Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso.
• Que non teña cumprido os tres anos de idade ó 31 de decembro de 2017.
As persoas interesadas en matricular o/a seu/súa fillo/a na Escola Infantil de Camariñas poderán presentar a documentación requirida na propia escola:
Escola Infantil de Camariñas
Av/ Eugenio López, 36
15123 Camariñas
A Coruña
Así mesmo, a información relativa ao procedemento e que poderá ser consultada polas persoas solicitantes está publicada no apartado de Anuncios da nosa páxina web:
https://www.igualdadebenestar.org/anuncios/anuncio.php?id=913&lg=gal
así como no portal da Consellería de Política Social:
http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/escolas-infantis
e na páxina web: www.escolasinfantisdegalicia.es
Para máis información non dubidedes en achegarvos ata este centro.