O Concello

Departamentos

* LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA 02/03/2017

LISTAXES CONTRATACIÓN TEMPORAL PERSOAL LABORAL E INTERINO DA XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia vén de publicar unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro de 2017 pola que acorda o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades.
  

Visto o número de contratacións e nomeamentos realizados no ano 2016 e o número de inscritos/as en cada lista resólvese:  

-  Pechar a incorporación de novas solicitudes ás listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos e escalas e especialidades que se indican no anexo I.  
-  Reabrir as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades que se indican no anexo II 
-  Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos,  escalas e especialidades que se atopan abertas e nas que as persoas interesadas poderán presentar solicitude de inclusión no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo deste ano (anexo III)  
- Relacionar as listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas e nas que soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia (anexo IV)  

Listas que se abren (Anexo II)
    

Persoal funcionario: 
o  Escala de enxeñeiros/as. Especialidades de enxeñaría de minas
o  Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de  telecomunicacións
o  Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en navegación marítima.
o  Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidades de topografía.  

Persoal laboral: 
o  Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar
o  Intérprete linguaxe de signos
o  Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento.  

Listas abertas (Anexo III): 

Persoal funcionario:
   
o  Escala de enxeñeiros/as. Especialidades de enxeñaría de minas
o  Escala de veterinarios
o  Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de  telecomunicacións
o  Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en navegación marítima.
o  Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica 
o  Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas 
o  Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en comunicacións 
o  Escala de profesores/as numerarios/as. Especialidade en procesos sanitarios 
o  Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidades de topografía.
o  Escala de mestres/as de taller. Especialidade en traballos técnicos de mergullo. 

Persoal laboral: 
o Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI,      médico/a adxunto/a, médico/a 
o  ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE 
o  Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar
o  Xefe/a de cociñao  Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefa/a de cociña, cociñeiro/a 1ª 
o  Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira 
o  Subgobernante/ao  Intérprete linguaxe de signos
o  Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermería, coidador/a xeriátrico, coidador/a.
o  Oficial 2ª cociña, cociñeiro / a oficial 2ª   
o  Axudante/a servizos técnicos. Oficial /a 2ª mantemento  

Requisitos: 
 
Imprescindible ter unha titulación oficial e certificado de lingua galega (consultar requisitos específicos para cada categoría nos enlaces que se sinalan máis abaixo)  

ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170228/AnuncioCA01-220217-0001_gl.pdf 

PARA CONSULTAR REQUISITOS E TRÁMITES A REALIZAR:
http://www.xunta.es/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746  
msargarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00     

Descargas relacionadas


© by Abertal