O Concello

Departamentos

* ACTUALIZACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS 2016 LISTAS XUNTA DE GALICIA 01/03/2017

ACTUALIZACIÓN PROVISIONAL DE MÉRITOS 2016 LISTAS XUNTA DE GALICIA

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Facenda publicou no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro unha resolución pola que se fai pública a actualización provisional de méritos correspondente ao ano 2016 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

As puntuacións totais das persoas integrantes das listas para o nomeamento de funcionarios/as interinos/as (anexo I) e a dos integrantes das listas para a contratación temporal de persoal laboral (anexo II) poden consultarse no portal web da Xunta de Galicia (www.xunta.gal) na epígrafe Función Pública.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela). 

Unha vez realizadas as emendas procedentes, daráselles publicidade ás puntuacións definitivas mediante a publicación da oportuna resolución no DOG.  

ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170228/AnuncioCA01-220217-0003_gl.pdf 

ENLACE PARA CONSULTA-LAS LISTAS: 
http://www.xunta.es/funcion-publica/contratacion-temporal/consulta-das-listas-decreto-37-2006 

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00


© by Abertal