A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 28 de febreiro as probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais para o ano 2017.
Carnés profesionais:
- Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
- Carné profesional de operador / a de guindastre torre
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A
- Carné profesional de operador / a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B
Habilitacións profesionais:
- Operador / a industrial de caldeiras
- Instalador / a de gas, categoría A
- Instalador / a de gas, categoría B
- Instalador / a de gas, categoría C
- Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I
- Instalador / a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II
- Reparador /a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados
- Manipulador / a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
- Manipulador /a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
REQUISITOS:
- Estar en idade legal laboral ou ter a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente.
- Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
TAXAS DE EXAME: 38,75 €
PRAZO:
- Convocatoria ordinaria: Do 2 ó 15 de marzo de 2017
- Convocatoria extraordinaria: Do 3 ó 14 de xullo de 2017
ENLACE Á CONVOCATORIA DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170228/AnuncioG0164-210217-0001_gl.pdf
MÁIS INFORMACIÓN:
CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00