O Concello de Camariñas repartirá este ano máis de 1.500 euros no concurso de disfraces que se celebrará o próximo 28 de febrero, o Martes de Entroido na localidade. No apartado de comparsas o primeiro premio estará dotado de 800 euros; o segundo, de 400, e o terceiro, de 200 euros. Ademáis, haberá un premio de consolación de 50 euros para as comparsas que non resulten premiadas.
Este ano tamén se creará unha nova categoría denominada Camariñas Talent, cun único premio de 150 euros para a persoa ou grupo gañador. Os participantes nesta categoría poderán amosar as súas habilidades ante o xurado no que eles consideren, como cantar, bailar… e non é necesario que participen no desfile que se celebra o mesmo día antes do concurso.
A festa comenzará ás cinco da tarde cun desfile polas rúas de Camariñas e a continuación seguirase no pavillón polideportivo para elixir aos mellores disfraces. Tamén haberá música, xogos de animación, inchables, chocolate, filloas e orellas. As comparsas deberán de anotarse na biblioteca municipal ata o próximo 27 de febreiro. Os participantes no Camariñas Talent terán ata o mesmo día do concurso.Ademáis do concurso principal que se celebra na capital municipal, nas demáis parroquias haberá festas de Entroido os días previos. O sábado 25 de febreiro haberá unha Festa de Inchables na Ponte do Porto, ás 17 horas no pavillón municipal. A parte das actividades dos nenos, repartirase chocolate, filloas e orellas entre os participantes.
Ao día siguiente, o domingo 26 de febreiro celebrarase outra gran festa de entroido na Praza da Igrexa de Xaviña. Comezará ás catro da tarde co dúo Platino, concurso de disfraces e degustación dos produtos típicos do Entroido. O acto está organizado pola Asociación Abrindo Rejo e o Concello de Camariñas. Tamén haberá unha carpa por se chove.
O día 27 os actos trasládanse a Camelle, a partir das cinco da tarde. Na Casa do Alemán haberá actividades para os máis pequenos, música, disfraces e degustación de produtos típicos.Os actos de Entroido finalizarán o sábado 4 de marzo co tradicional Enterro da Sardiña. Ás cinco da tarde será o velatorio na Casa de Pedra, e a continuación seguirá a marchafúnebre co acompañamento dunha charanga. Para as seis está previsto o enterro na Praza do Mercado e unha gran chocolatada. Neste acto colaboran "As Choronas" (elas saben quen son) e a ANPA de Camariñas.