A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, publicou unha resolución no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 9 de febreiro pola que se convocan as probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) para maiores de 18 anos, nas convocatorias de xuño e setembro.
Requisitos das persoas aspirantes:
- Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
- Non estar nin ter estado matriculadas no curso 2016/2017 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
- O alumnado matriculado durante o curso 2016/17 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
• Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
• Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Prazos de matrícula:
- Convocatoria de xuño: do 13 de marzo ao 24 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos
- Convocatoria de setembro: do 3 ao 10 de xullo de 2017, ambos os dous incluídos
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170209/AnuncioG0164-020217-0003_gl.pdf
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00