O Concello

Departamentos

* LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE 02/02/2017

LISTAS PROVISIONAIS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DIVERSAS CATEGORÍAS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

O Servizo Galego de Saúde vén de publicar no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 31 de xaneiro unha resolución pola que se publica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e os resultados provisionais de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

Categorías:


- Técnico / a superior en anatomía patolóxica e citoloxía
- Técnico / a superior en dietética e nutrición
- Técnico / a superior en documentación sanitaria
– Técnico / a superior en hixiene bucodental
- Técnico / a superior en imaxe para o diagnóstico
- Técnico / a superior en laboratorio de diagnóstico clínico
- Técnico / a superior en radioterapia
- Técnico / a en farmacia
- Técnico en coidados auxiliares de enfermería 

As listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as coa asignación aos primeiros da puntuación e da orde de prelación provisionais acadadas atópanse publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es

Ademais o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar reclamación ante as direccións das estruturas organizativas de xestión integrada e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade. 

As persoas que, presentando debidamente solicitude de inscrición, non consten como admitidas nin excluídas, disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.  

RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170131/AnuncioG0003-190117-0002_gl.pdf

ENLACE DA PÁXINA DO SERGAS PARA COMPROBA-LAS LISTAS:
http://www.sergas.es/Recursos-Humanos/Novo-pacto-sobre-selección-de-persoal-estatutario-temporal-no-ámbito-do-Servizo-Galego-de-Saúde-e-entidades-públicas


OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 14:00


© by Abertal