O Concello

Departamentos

* Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación 23/01/2017

Convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación

A Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, publica no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 23 de xaneiro unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación. 

Destinatarios / as:
 Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición
Número de prazas: 180
Duración: 12 semanas (190 horas lectivas) 
Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT 
Datas de realización: do 15 de febreiro ao 26 de maio de 2017

Inscrición:
 na páxina web de CeMIT http://cemit.xunta.gal  Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario / a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico
Prazo: 5 días hábiles a partir do seguinte da publicación da resolución no DOG. (Do 24 de xaneiro ó 30 de xaneiro incluído)   

Taxa:
 As persoas admitidas provisionalmente deberán aboar no prazo de cinco días hábiles dende a publicación das correspondentes listaxes unha taxa de 10 euros correspondentes ós dereitos de exame, sendo excluídas aquelas persoas que non aboen a citada taxa.

Resolución do DOG:
 
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170123/AnuncioG0177-170117-0001_gl.pdf

MÁIS INFORMACIÓN:
 
https://cemit.xunta.gal  

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL 
CASA DE PEDRA  981737004 / 653260746
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00

Descargas relacionadas


© by Abertal