O Concello

Departamentos

* RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS 20/01/2017

RECOÑECEMENTO COMPETENCIAS PROFESIONAIS

CONVOCATORIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA 
A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou unha orde no DOG (Diario Oficial de Galicia) do 19 de xaneiro de 2017 pola que se realiza a convocatoria pública do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais. 

Convocadas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:  

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio    SSC089_2
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
Servizos para o control de pragas SEA028_2
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos SEA251_3
Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2 
Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
Extinción de incendios e salvamento SEA129_2
- Tanatopraxia SAN491_3 
- Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural SEA898_2

Requisitos:
 

  • Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
  • Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
  • Ter experiencia laboral e / ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar. 
  • Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
  • Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que consideren unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.          
  • Non estar matriculado /a nun curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular) ou non estar, no momento da inscrición, realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
  • Non posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/es de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial da/s unidade/s de competencia que solicita.
  • Non estar inscrito/a noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia.
Prazo: Do 20 de xaneiro ó 20 de febreiro (inclusive) para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de:   

- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio    SSC089_2
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais SSC320_2
Servizos para o control de pragas SEA028_2
- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos SEA251_3
Socorrismo en espazos acuáticos naturais AFD340_2 
Socorrismo en instalacións acuáticas AFD096_2
Tanatopraxia SAN491_3
-Extinción de incendios e salvamento SEA129_2

Prazo:
Do 1 de marzo ata o 31 de marzo (inclusive) para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de: 

-  Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural SEA595_2


IMPORTANTE:  

-   Aquelas persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria (Orde do 29 de decembro de 2015) nas cualificacións profesionais de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, servizos para o control de pragas, socorrismo en espazos acuáticos naturais e tanatopraxia, NON teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación, só terán que formalizar o pagamento das taxas. 


A partir do 20 de xaneiro a través da páxina web da consellería http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional indicarase o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento para cada persoa candidata.

 
ENLACE Á ORDE DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170119/AnuncioG0424-110117-0016_gl.pdf

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA:
http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional

OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL DO CONCELLO
CASA DE PEDRA    981737004 / 653260746  
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 - 15:00     

Descargas relacionadas


© by Abertal