A Xunta de Galicia a través da Consellería de Facenda publicou no DOG de 22 de decembro de 2016 a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia, reguladas no Decreto 37/2006, do 2 de marzo, modificado polo Decreto 124/2016, do 8 de setembro
As listas de solicitantes admitidos/as poden consultarse no portal web da Xunta de Galicia www.xunta.gal na epígrafe de listas de contratación de Función Pública.
Nas ditas listas figura a seguinte información:
- Solicitantes admitidos /as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
- Solicitantes excluídos / as con expresión da causa de exclusión
As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.
As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número de conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e achegar, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.
Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.
ENLACE Á RESOLUCIÓN DO DOG:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20161222/AnuncioCA01-191216-0001_gl.pdf
CONSULTA DAS LISTAS:
http://www.xunta.es/rcp/listas/rcp_li05/li05_principal.jsp
OU CONTACTAR COA ORIENTADORA LABORAL
CASA DE PEDRA 981737004 / 653260746
margarita.seijas@camarinas.net
LUNS A VENRES: 8:00 – 15:00